domingo, 25 de octubre de 2020

FRISBEE-ULTIMATE

Hola a todos y a todas. Bienvenidos a un nuevo curso.
Durante este trimestre hemos trabajado con el frisbee, aquí os dejo un resumen de todo lo que hemos visto y un poquito más...

viernes, 19 de junio de 2020

FELICES VACACIÓNS A TODAS E TODOS!!!

Bo día a todas e todos.
Hoxe tocaba despedirnos do curso escolar, tocaba facelo coma sempre no cole, pero non vai poder ser.
Por iso os vosos mestres de Educación física queren dicirvos algo...


  

E xa sabedes o noso correo para cando queirades contarnos calquera cousiña: efalborada@gmail.com

FELIZ VERÁN
UN BICO ENORME E UNHA GRAN APERTA DE MANU E SILVIA

miércoles, 17 de junio de 2020

OS NOSOS XOGOS OLÍMPICOS VIRTUAIS!!

Aquí o temos...

A falta dos xogos de Tokio 2020 por estar adiados polo maldito coronavirus, fóchedes capaces de remedialo e montamos os nosos propios "Xogos Olímpicos do Alborada". Este é o resultado...



Unha chulada non si???
Noraboa a todos os nosos campións e campioas olímpicos!!

Bicos de Silvia e Manu

lunes, 15 de junio de 2020

RETO "A PESCA DOS MACARRÓNS"

Bo día raparigos e raparigas!
Como sabemos que vos gustan os retos, hoxe ímosvos propoñer un super divertido...

"A pesca dos macarróns"



Veña animádevos e mandádenos eses videos de como superades este reto ó correo:
efalborada@gmail.com

viernes, 12 de junio de 2020

BÚSQUEDA DO TESOURO

Olaaa!!! Imos buscar un tesouro. Que necesitamos?





1.- PISTAS
Facemos as pistas  que nos levarán ao noso tesouro. Nós, buscamos pergaminos para imprimir (así pusimos en google) e de todos os que apareceron imprimimos estes:



Recortámolas e plastificámolas (ou forrámolas) para poder pintar por encima as pistas con rotu permanente e logo poder borralas e facer outras. Nós fixemos 15 pistas, cada unha leva a seguinte ata a última que da a pista final para encontrar o tesouro.
As nosas pistas están relacionadas con obxectos ou rutinas que todos coñecemos na nosa casa.




2.- FACER AS TARXETAS DAS CONSIGNAS

Facemos as tarxetas onde poñemos as consignas. Na foto aparecen as que pensamos nós, pero podedes inventar outras. Por unha parte decoramolas e logo plastificámolas (ou forrámolas) para poder reutilizalas (escribimos con rotulador permanente e logo  borrámolas con alcohol).
       
                   






3.- MENSAXE QUE NOS LEVARÁ A DESCUBRIR O TESOURO

Aquí gústanos moito os puzzles polo que buscamos unha imaxe e a recortamos en forma de puzzle.

Cada vez que atopen unha tarxeta e consigan pasala proba, entregarémoslles unha peza.






4.- PREPARAMOS O TESOURO

Cando consigan todas as pezas do puzzle, o montarán e levaralles ao tesouro.

Ideas para o tesouro: unha chocolatina, elexir unha película, facer un biscoito,...



5.- EMPEZAMOS

A primeira pista está á vista (no noso caso colgada da porta da calle), o resto están escondidas pola casa.
Cada pista leva a seguinte e algunhas delas teñen unha tarxeta cunha consigna que teñen que cumprir para conseguir unha peza do puzzle.
Cando encontren unha tarxeta teñen que facer a proba xunto ao organizador ou organizadora. Se a superan gañan unha peza do puzzle da pista final. Cando teñan todos os trozos os  teñen que montar e levaralles directamente ao tesouro. Nos escribimos a última pista por detrás do puzzle:

“Si o tesouro queres descubrir, onde te sentas a comer tes que acudir”

E debaixo da mesa atopábase o noso tesouro: facer un rico biscoito todos e todas xuntos.

Cal foi o voso tesouro?

Pasáchedelo ben? Esperamos que si.

MOITO ÁNIMO A TODOS E A TODAS!!!





miércoles, 10 de junio de 2020

XOGOS CON CORDEIS

Ola nenos e nenas!!
Hoxe queríamos propoñervos uns xogos con cordas, fios ou cordeis que teñades por casa.
Con eles traballaremos a habilidade  e a coordinación fina.
Veña a poñer a traballar esas cabeciñas, esa creatividade e moita imaxinación para superar cada vez máis retos...



Enviádenos esos retos que ides solucionando coa vosa creatividade...

efalborada@gmail.com

Un bico de Manu e Silvia

lunes, 8 de junio de 2020

XOGO DE CARTAS

Ola a todos e todas,
Navegando pola web, atopamos este xogo de cartas que fixo un profe que se chama Rubén e que ten moi boa pinta. Nós xa xogamos e gustounos moito. Poden xogar dúas persoas pero é máis divertido se son tres ou máis. A ver que vos parece...

PINCHADE NA IMÁXE DAS REGRAS PARA DESCARGALO XOGO


SORTE E XA NOS CONTAREDES!!!
Un bico de Manu e Silvia

viernes, 5 de junio de 2020

O EQUILIBRIO

Bo día pequenos e pequenas, como imos?
Hoxe imos traballar un pouco o equilibrio e para iso ímosvos propor uns retos a ver quen consegue superalos todos.

- reto 1: pasar por enriba dunha corda colocada no chan sen tocar o chan. Se non tedes unha corda podedes utilizar unha cinta pegada no chan ou mesmo un pouco papel hixiénico.
- reto 2: andar polo corredor da casa cun libro na cabeza sen que nos caia. Conseguiras facelo andando por enrriba da corda?. Proba con outros obxectos máis pequenos para dificultar o reto.
- reto 3: cos ollos pechados intenta manter o equilibrio sobre unha soa perna. Lembra intentalo coas dúas. Sinxelo? Pídelle a un familiar que te desentabilice un pouquiño cuns leves empuxóns para facelo máis difícil, ou ponte enriba dun coxín para que a estabilidade sexa menor...
- reto 4: avanzar polo corredor da nosa casa de cuclillas coas mans na cabeza.
- reto 5: coloca unha torre de rolos de papel hixiénico na túa man e intenta levalos dun lado a outro do corredor. Con cantos rollos consegues andar sen que che caian? Comeza con poucos e vai aumentando pouco a pouco...

Que? Como foi? Algún resistiuse? Podes inventar algún reto novo que se che ocorra para traballar o equilibrio e mándanolo para que todos poidamos probar....

Unha aperta de Silvia e Manu!!!

jueves, 4 de junio de 2020

KIDS WORKOUT 2 E BAILE 2

Aquí estamos outra vez con outro traballo duro. A ver que tal o facedes!!!

Kids HIIT Workout 2


E agora...A BAILAAAAAR!!!


Despacito/Alejandro vidal - zumba kids - YouTube





BIP - "El Ventilador" Zumba Kids Choreography - YouTube

Un bicoooo

miércoles, 3 de junio de 2020

TRIVIAL DA EDUCACIÓN FÍSICA


Ola nenos e nenas, como estades? Hoxe ímosvos presentar un xogo de mesa adaptado a nosa materia, a Educación Física. Dende aquí dámoslle as grazas ao profesor Elías Eguibar, do cal sacamos a actividade. Seguro que todos oíchedes falar do Trivial, non si?

Como podemos xogar ao Trivial da Educación Física?

Igual que no xogo orixinal, o obxectivo será conseguir os ansiados queixiños para o cal teremos que superar diferentes probas ou misións.
O xogo consta de cartas de distintas cores con diferentes probas físicas enfocadas a traballar os diversos bloques de contidos da Educación Física. Estas son as cores:
Cartas de cor ROSA: Coordinación óculo-pédica.
Cartas de cor LARANXA: Lanzamentos e recepcións.
Cartas de cor VERDE: Equilibrio estático e dinámico.
Cartas de cor VERMELLO: Xiros, saltos e desprazamentos.
Cartas de cor AZUL: Coordinación óculo-manual.
Normas principais do xogo:
O obxectivo final do xogo e completar o portaqueixiños antes cos demais xogadores. Para eso, teredes que ir superando probas ata caer nunha das seis casiñas grandes pentagonais, onde teredes a opción de conseguir un queixiño desa cor para poder ir enchendo o voso portaqueixiño. Tede coidado pois se caedes nunha casiña pentagonal dunha cor que xa tedes o queixiño, arriscádesvos a perdelo se non completades con éxito a proba. 
En lugar dos queixiños orixinais do xogo, podemos utilizar lentellas, garbanzos, etc...
Queredes xogar unha partida? Aqui abaixo deixovos os enlaces para descargar o taboleiro, as cartas das probas ou misións e os portaqueixiños.


Descarga el tablero del Trivial EF
Descarga las tarjetas
Descarga los cartones para los jugadores del Trivial EF
A disfrutalo!!
Bicos de Silvia e Manu

martes, 2 de junio de 2020

SINTO E ESCRIBO

Olaaaa!!!
Hoxe imos traballar a propiocepción que sería a capacidade do corpo para detectar un movemento, unha posición... Nos imos traballar a parte de detectar un movemento (e identificalo) nunha parte do noso corpo, a espalda. Únicamente necesitamos un papel e un lápiz ou letras tipo das que se pegan na nevera.
Deixámosvos un vídeo onde o explicamos e facemos algúns exemplos.




Acertástedes moitas palabras? Contádenos...
Un bico de Manu e Silvia


lunes, 1 de junio de 2020

TAREFAS QUINCENAIS

Ola a todos e todas: 
Dende o departamento de Educación Física, decidimos non mandar máis tarefas que teñades que enviarnos. Os que xa as fixestes merecédesvos un descanso e os que non, todavía estades a tempo.
De todos os xeitos, nós seguiremos publicando cousas no blogue e tamén metemos dous genially novos, un é “Partes de un entrenamiento o actividad física” e outro é “Alborada contra o coronavirus”. 

Estas actividades son para facer cando vos apeteza pero non tedes que mandarnos nada aos profes.
Recordámosvos que podedes escribirnos e mandarnos fotos ou vídeos ao noso correo:

Disfrutade do bo tempo

Un bico de Manu e Silvia

viernes, 29 de mayo de 2020

O TEU NOME EN MOVEMENTO

Ola nenos e nenas como andamos? Como van esos paseos? 
Hoxe vouvos propoñer unha tarefa diferente, un novo reto (gracias ao profe CarlosMolJLM).

Atrevédesvos a representar o voso nome en movemento? 
Aqui vos deixo unha plantilla coas actividades correspondentes a cada letra do abecedario...



Difícil o voso nome? Intentádeo tamén co apelido...
Mandádenos esas imaxes ou videos o noso correo, estamos desexando vervos!!

Bicos Silvia e Manu

jueves, 28 de mayo de 2020

CESTIBALL

Que tal vos vai? 
Hoxe deixamosvos un xogo para encestar e atrapar.  Este video gravámolo cando aínda non podíamos sair da casa pero aínda podedes facelo. Necesitaremos unhas pelotas pequenas e un bote (de deterxente, suavizante o calquera que teña asa), recortar a base e quedarnos coa parte da asa. Xa estamos listos para atrapar as pelotas!!! 
Deixamosvos un video para que vexades como xogamos en casa.



Cantas veces conseguistes atrapala bola? E encestala?
Un bico de Manu e Silvia


miércoles, 27 de mayo de 2020

MENSAXE CO CORPO

Olaaaaa: 
Mirade o que fixeron Daniela de 4ºA e Martín de 5ºC de Infantil. A que é chulísimo? 
Gracias Daniela e Martín


A ver quen máis se anima a mandarnos mensaxes deste tipo...
Un bico de Manu e Silvia