viernes, 29 de mayo de 2020

O TEU NOME EN MOVEMENTO

Ola nenos e nenas como andamos? Como van esos paseos? 
Hoxe vouvos propoñer unha tarefa diferente, un novo reto (gracias ao profe CarlosMolJLM).

Atrevédesvos a representar o voso nome en movemento? 
Aqui vos deixo unha plantilla coas actividades correspondentes a cada letra do abecedario...



Difícil o voso nome? Intentádeo tamén co apelido...
Mandádenos esas imaxes ou videos o noso correo, estamos desexando vervos!!

Bicos Silvia e Manu

jueves, 28 de mayo de 2020

CESTIBALL

Que tal vos vai? 
Hoxe deixamosvos un xogo para encestar e atrapar.  Este video gravámolo cando aínda non podíamos sair da casa pero aínda podedes facelo. Necesitaremos unhas pelotas pequenas e un bote (de deterxente, suavizante o calquera que teña asa), recortar a base e quedarnos coa parte da asa. Xa estamos listos para atrapar as pelotas!!! 
Deixamosvos un video para que vexades como xogamos en casa.



Cantas veces conseguistes atrapala bola? E encestala?
Un bico de Manu e Silvia


miércoles, 27 de mayo de 2020

MENSAXE CO CORPO

Olaaaaa: 
Mirade o que fixeron Daniela de 4ºA e Martín de 5ºC de Infantil. A que é chulísimo? 
Gracias Daniela e Martín


A ver quen máis se anima a mandarnos mensaxes deste tipo...
Un bico de Manu e Silvia

martes, 26 de mayo de 2020

RETO ACROSPORT

Ola rapazada, como estamos?
Hoxe Julia de 3ºA e a súa irmá Clara de 1ºB propóñennos duas figuras de acrosport... Atrevédesvos?



A ver como vos saen, e se vos apetece mándádenos outras figuras diferentes que se vos ocorran, recordade ter sempre moito coidado  de non facervos dano.

Un bico de Silvia e Manu

lunes, 25 de mayo de 2020

OLIMPIADAS CEIP ALBORADA

Ola chicos e chicas como estamos? Moito ánimo que xa queda menos.
Aproveitando que estades aprendendo bastantes cousiñas sobre os Xogos Olímpicos, estivemos dándolle voltas a unha cousiña na nosa cabeza e necesitamos a vosa axuda.

Como xa sabedes debido a todo isto do maldito coronavirus, este verán suspenderon moitas das actividades deportivas que había programadas, entre elas os "XOGOS OLÍMPICOS", que se ían celebrar en Tokio, no Xapón.
E a nós que nos encantaban pois dixemos, porque non montamos os nosos propios Xogos? 
Sabemos que sodes uns aunténticos deportistas e polo tanto capaces de axudarnos. Así que propoñémosvos o seguinte xogo/reto:

1- ESCOLLE UN DEPORTE OLÍMPICO (se queres pide axuda a un adulto/a) OU UN DEPORTISTA OLÍMPICO FAMOSO.

2- DISFRÁZATE E RECREA UNHA SITUACIÓN DE XOGO.
Disfrázate acorde ó deporte ou deportista escollido (bótalle imaxinación) e recrea unha situación real de xogo do deporte que escolleras (por exemplo: unha chegada a meta nunha carreira de atletismo, un lanzamento a canasta, etc...).

3- SÁCATE UNHA FOTO OU UN VIDEO E MÁNDANOLO Ó CORREO. Entre todos os que recibamos montaremos as nosas propias OLIMPIADAS VIRTUAIS. 
Ánimádevos cantos máis recibamos máis chulo quedará.
Mandádenos os videos ao noso correo,
  efalborada@gmail.com

Tedes de prazo ata o DOMINGO 7 DE XUÑO.

Un bico de Silvia e Manu.


viernes, 22 de mayo de 2020

RETO BADMINTON

Olaaaa, que tempo máis estupendo temos! así da gusto sair á rúa a xogar e practicar deporte... Sofía de 6ºB ten un reto deportivo para todos vos, a ver quen o consigue...
Gracias Sofía
Un bico de Manu e Silvia

jueves, 21 de mayo de 2020

RETO DO PAU!

Ola nenos e nenas, parece que chega o verán non si?
Hoxe ímosvos propor un reto, mellor dito propónvolo a vosa compañeira Antía de 5ºC. Eu só con vela xa me doeu todo o corpo, un pouquiño máis e faise un nudo ela mesma... 
Aquí volo deixo e xa nos contaredes que tal vos foi!!



Un bico de Silvia e Manu

miércoles, 20 de mayo de 2020

RETO DAS PINZAS

Ola a todos e todas, Lidia de 4º B inventouse un reto e quere compartilo con todos nos, únicamente necesitamos unha tixola e unhas pinzas da roupa.
Gracias Lidia polo teu reto.


Un bico de Manu e Silvia

martes, 19 de mayo de 2020

PELOTA CHALLENGE!!

Ola rapaces como imos? Agora que  chegou o bo tempo e xa podemos saír, un pouco mellor, non? 
Xa podemos facer deporte na rúa, pero recordade que non debemos descoidarnos e temos que seguir mantendo as medidas de precaución. 
Pois Iker de 5ºB parece que aproveitou este bo tempo para retarnos...Animádesvos?



Un bico de Silvia e Manu

lunes, 18 de mayo de 2020

TAREFAS 18-31 MAIO

Ola a todos e todas: 
Para estas dúas semanas traémosvos un novo genially: “JUEGOS OLÍMPICOS”



Ao igual que nos anteriores, tedes que entrar no voso curso e seguir os pasos: 
1º.- Ver cada un dos bloques: HISTORIA, ACTUALIDAD, SÍMBOLOS OLÍMPICOS, OLIMPIADAS TOKIO 2020 e JUEGOS DESESCALADA. Neste último (JUEGOS DESESCALADA) tedes propostas para movervos e facer exercicio.
En INFANTIL, a única parte que cambia é o bloque de JUEGOS DE DESESCALADA, xa que as actividades adaptámolas a súa idade. O resto é igual ao de primaria aínda que pode haber cousas un pouco espesas para eles.
2º.-  Cubride o formulario (PRIMARIA). Este formulario é o que nos chegará aos profes e co que vemos o que traballades.
En Infantil non aparece o formulario, xa que parécenos complicado para nenos e nenas tan pequenas, pero si queredes facelo igual, entrade en calquera curso de primaria.
3º.- Con isto é suficiente para nós e chéganos para comprobar que traballades e seguides a asignatura.

Confiamos en que facedes actividade física todos os días porque, como sabedes, é bo para vós. Se queredes enviarnos, ao noso correo, o que facedes, tamén podedes facelo: 


Recordámosvos que no blogue de educación física del cole  https://efalborada19.blogspot.com/  todos os días tedes novas actividades para facer na casa, algunhas delas propostas por compañeiros e compañeiras vosas.


MOITOS ÁNIMOS PARA TODOS E TODAS, XA QUEDA MENOS…

MANU E SILVIA

viernes, 15 de mayo de 2020

RETO ESCALADA CORREDOR


Olaaaa, esta semana vai de retos, e gústanos un montón que vos animedes a mandarnoslos ao noso correo.
Hoxe, Mariña de 1º A, traenos un reto novo de escalada para facer no corredor. A ver quen atrévese a facelo.
Gracias Mariña.

Xa contaredes como vos saíu.
Un bico de Manu e Silvia

jueves, 14 de mayo de 2020

RETO DA TORRE

Olaaa, Gabriel de 5ºA y Nico de 2ºC traennos un novo reto. Pero este reto ten dos niveis de dificultade: podedes facelo apoiando o pé ou sen apoialo. Os atrevedes?
Gracias Gabriel e Nico.

Quen o conseguiu?


miércoles, 13 de mayo de 2020

RETO EQUILIBRIO

Olaaaa, que tal estades?
Hoxe, novo reto: Sofía de 6ºB traenos un reto para facer á pata coxa. Ela o fai na rúa, aproveitando o paseo diario. Vos podedes facelo tamén cando saiades a pasear ou na casa da forma que se vos ocorra.
Gracia Sofía.


Xa nos contaredes como o fixestes e si conseguístelo.
efalborada@gmail.com
Un bico de Manu e Silvia



martes, 12 de mayo de 2020

RETO ESCALADA

Olaaaa, que tal estamos? Veña que o estades a facer moi ben...
Hoxe imos presentarvos un reto que nos propón Andrea de 2ºB. Ollo que Andrea en calqueira momento se nos presenta na casa escalando pola fachada jajaja... 
Mirade, mirade...





Agora a intentalo, pero on moito coidadiño vale?
Gracias Andrea.

lunes, 11 de mayo de 2020

RETO DA COMBA

Hoxe propoñémosvos uns retos de saltos a comba, a ver cantos sodes capaces de superar...

Nivel básico}Reto 1- 10 saltos seguidos cos pés xuntos -------- +1
Nivel básico}Reto 2- 10 saltos seguidos cara atrás -------------- +1
Nivel básico}Reto 3- 10 saltos seguidos cunha perna soa ------ +2
Nivel Medio}Reto 4- 10 saltos seguidos abrindo e cerrando as pernas simultaneamente ------------------------------------------- +3
Nivel Medio}Reto 5- 10 saltos seguidos subindo os xeonllos--- +3
Nivel Medio}Reto 6- 3x3. 3 saltos seguidos só cunha perna e 
logo outros 3 saltos coa outra ---------------------------------------- +4
Nivel Pro}Reto 7- 10 saltos seguidos cun cruce no medio------- +5
Nivel Pro}Reto 8- Cros-cros. 10 saltos cruzando------------------ +5
Nivel Pro}Reto 9- 2 dobres seguidos-------------------------------- +6
Nivel súper Pro} Reto 10- 2 dobres cruzando---------------------- +7 

Cal é o teu nivel??? Cantos puntos consegues sumar???

Enviádenos algún video cos vosos retos, gustaríanos moito vervos!!

efalborada@gmail.com

viernes, 8 de mayo de 2020

RETO ABDOMINAIS

Olaaaa, que tal o levades? mellor ao poder sair a pasear un pouquiño, verdade?
Hoxe traenos una reto Mario de 5ºB, preparade esas abdominais...
Gracias Mario.



 Xa sabedes que podedes mandarnos o que queirades a través do noso correo:


efalborada@gmail.com
Un bico
Manu e Silvia

jueves, 7 de mayo de 2020

PUNTERÍA E COORDINACIÓN

Ola a todos e todas!!!
Hoxe imos traballar a coordinación e a puntería. Pero antes toca facer manualidades. Volvemos a deixarvos os vídeos onde se mostra como se fai un ringo. Tamén necesitamos unha base para metelo dende certa distancia.


 

E agora outro video xogando nos.



Ocórrensevos outros xogos? Enviádenolos ó correo:

efalborada@gmail.com


Ata prontoooo!!!!



miércoles, 6 de mayo de 2020

ACROSPORT

Bo día rapaces e rapazas! Hoxe imos facer un pouquiño de ACROSPORT.
Como? Recordades o que é?
Pois é un deporte acrobático-coreográfico, xa que nos seus exercicios intégranse tres elementos fundamentais:
- Formación de figuras ou pirámides corporales
- Habilidades ximnásticas de chan como elementos de enlace entre unha figura e outra

- Música que apoia ao compoñente coreográfico de combinación dos elementos anteriores.
Podemos tamén definilo como un deporte de cooperación, donde existe a presencia de compañeiros que sincronizan as súas accións motrices nun espacio estable para conseguir a realización de figuras ou pirámides humanas.

O ACROSPORT practícase por parellas, por tríos ou cuartetos, máis nos imos centrarnos en figuras individuais ou como moito de dúas ou tres persoas debido a situación que estamos a pasar nas nosas casas.


Collede unhas esterillas ou algo acolchado e a practicar algunhas figuriñas....pero ollo!!! con moito coidadiño de non facervos dano...


https://issuu.com/educacionfisicaenprimaria/docs/figuras_acrosport


Xa contarédes que tal vos foi...

martes, 5 de mayo de 2020

TAREFAS 5 MAIO-18 MAIO




Ola a todos e todas: 
Para estas dúas semanas traemosvos un novo genially sobre a saúde “CUIDAMOS NUESTRO CUERPO”




Ao igual que no anterior, tedes que entrar no voso curso e seguir os pasos:


1º.- Ver cada un dos bloques: HÁBITOS DIARIOS, ACTIVIDAD FÍSICA e ALIMENTACIÓN E HIDRATACIÓN. No de actividade física tedes propostas para movervos e facer exercicio.

2º.- Xogade a “SANO O INSANO”. Neste xogo averiguarás una clave de 4 números que necesitarás para completar o xogo. Anota ben eses números.


En Infantil non aparece este xogo nin o formulario, xa que parécenos complicado para nenos e nenas tan pequenas, pero si queredes facelo igual (tanto o xogo coma o formulario) entrade en calquera curso de primaria. 

3º.-  Cubride o formulario. Unha das preguntas é escribir a clave do xogo anterior así que debedes tela a man. Este formulario é o que nos chegará aos profes e co que vemos o que traballades.


4º.- Con ísto é suficiente para nós e chéganos para comprobar que traballades e seguides a asignatuta. Confiamos en que facedes actividade física todos os días porque, como sabedes, é bo para vós. Se queredes enviarnos, ao noso correo, o que facedes,  tamén podedes facelo: 


MOITOS ÁNIMOS PARA TODOS E TODAS, XA QUEDA MENOS…
MANU E SILVIA