martes, 31 de marzo de 2020

ATRAPA Ó CORONAVIRUS

Bo día nenos e nenas!
Hoxe ímosvos ensinar un xogo que fixemos na nosa casa. Un xogo para traballar a velocidade de reacción e os reflexos...



Quen consegue atrapar a todos os CORONAVIRUS?

lunes, 30 de marzo de 2020

IOGA NA CASA


Ola nenos e nenas!!
Como seguimos? Aburridos? Arriba esos ánimos que cada vez queda menos e todos xuntos gañaremos esta batalla ó maldito CORONAVIRUS.
Sabemos que tanto tempo na casa pode acabar por minguar os nosos ánimos e por iso hoxe queremos propoñervos unha actividade que pode ser moi útil para poder descargar toda a ansiedade acumulada e ese estres que esta situación nos está xerando.
Así que para desconectar un pouquiño e tamén para recargar esa enerxía que por momento parece esgotarse, que vos parece se practicamos un pouquechiño de IOGA? Fixéchedelo algunha vez?
Déixoamosvos uns videos para que poidades facelo, sós ou en familia, só necesitaredes roupa comoda, unha esterilla ou manta e un pouco de silencio. Imos aló!!!




O seguinte enlace é ideal para practicar con mamá e papá...



Tamén vos deixamos algún enlace para os máis pequenos da casa, para que vaian practicando algunhas figuriñas de animais....




Animádevos seguro que vos sae xenial!!, na rede podedes atopar moitos máis enlaces diferentes...

Contádenos que tal vos foi eh!!! e se queredes enviarnos algún video ou foto, recordade que podedes facelo ó seguinte correo:

efalborada@gmail.com

Un saúdo de Silvia e Manu.




viernes, 27 de marzo de 2020

MOVEMOS O ESQUELETO


Ola de novo, hoxe imos mover o esqueleto un pouquiño.

Para os máis pequechos e pequechas:

Just Dance Kids 2014 A Pirate You Shall Be


ZUMBA KIDS - Electronic Song - Minions


Para os máis expertos e expertas:

Tusa - Karol G, Nicki Minaj | FitDance TV (Coreografia Oficial)


Shape of you - Ed Sheeran | Just Dance 2018 | Mashup (Fanmade)



Podedes buscar bailes chulos e compartilos connosco. Esperamos as vosas aportacións!!!


jueves, 26 de marzo de 2020

XOGOS DE MESA ADAPTADOS

Ola raparigos e raparigas!
Recordades que hai uns días propuxémosvos o xogo "La oca de la educación físíca"?
Pois hoxe gustaríanos presentarvos dous xogos novos. 
O primeiro e moi similar, trátase unha adaptación da Oca tradicional, por iso necesitaredes un taboleiro deste xogo. E nós pasámosvos a seguinte folla chea de divertidas probas que deberedes pasar cando vaiades caendo nas diferentes casiñas do xogo. 
Gracias a Lorena, titora de 4B, que xunto co seu sobriño Martín, estiveron a maquinar estas divertidas probas. Gracias Martín e Lore!!
Diversión asegurada!!! A disfrutalo!!



E o segundo xogo trátase dunha actividade que nos pasou Inés a titora de 2ªA. Trátase dun xogo no que ademais de divertirnos un montón imos aprender un pouquiño de ortografía.
Si si, escoitáchedes ben, ORTOGRAFÍA, pois trátase dunha actividade transversal na que ademais de E.F imos traballar as áreas das linguas.
Para este xogo necesitamos dous tipos de tarxetas: un grupo de palabras (palabras nas que soedes cometer erros ortográficos) e outro de probas físicas que deberedes facer.
O xogo consiste en coller tres tarxetas do montón de palabras,  previamente baralladas e postas boca abaixo. Teredes que intentar memoriazalas o mellor posible durante 30 segundos. Logo tedes que coller unha tarxeta das probas físicas que estarán noutro montón, tamén previamente barallado. Teredes que facela proba, e se conseguides facela, despois o obxectivo será coller un lápiz e un papel e escribir as tres palabras previamente memorizadas e sen faltas de ortografía claro.
Para darlle un pouco de emoción e competitividade, podedes darvos 1 punto por cada palabra ben escrita... a ver cantos puntos chegades a conseguir!

GRACIAS INÉS!! Agora a probalo...déixamosvos os enlaces para que poidades imprimir as tarxetas!!


https://drive.google.com/file/d/1_Tv210AfhgY_SDVwTXSMHXdUtiEQi51S/view?usp=sharing



https://drive.google.com/file/d/1yQGIV3YJ8EXaeSPO6GMj_c_WPefDslUm/view?usp=sharing

Recordade que podedes inventar vos moitas máis palabras e actividades físicas que se vos ocorran e así  facer o xogo moito máis divertido!!

martes, 24 de marzo de 2020

QUECEMENTO E BURPEES



Ola!!, hoxe queremos repasar a importancia do quecemento. Deixámosvos uns videos para que vexades.

No primero explica moi ben porque é importante facelo ben.
O segundo video é para os máis pequenos e pequenas da casa.
O tercero xa é para aquelas nenas e nenos que estades máis en forma!!
Por último, deixamosvos un vídeo de como se fan os burpees, con eles traballamos a coordinación, a forza e a resistencia. A ver cantos sodes capaces de facer, pero ben feitos eh!!! 
Así que xa sabedes, primero un bo quencemento e logo os burpees. Ah! E non olvidedes estirar ben ao final.
Esperamos que nos contedes como os foi. ¡Ánimo!

Ejercicios de calentamiento para niños (Fundación MAPFRE)


El juego del calentamiento



   
Calentamiento articular de todo el cuerpo 


Como hacer un burpee


Estiramientos estilo yoga

lunes, 23 de marzo de 2020

A IMPORTANCIA DUNHA BOA ALIMENTACIÓN

Ola!!
Que tal estades? Estásevos a facer longo o encerro, non si? 
Hoxe queremos falarvos dun aspecto moi importante nas nosas vidas, a nosa alimentación, e da importancia que ten o saber alimentarse dunha maneira saudable e equilibrada. Porque alimentarse é algo mais que proveer de alimentos o noso corpo. Temos que saber escoller ben os nosos alimentos, non abusando daqueles alimentos procesados que non son sanos e poñen en risco a nosa saúde se abusamos deles. 

Deixámosvos un enlace para que xogando, aprendades un pouquiño máis sobre os hábitos saudables.

http://servicios.educarm.es/cnice/epssd3/sd3_00_05.html

Mais hoxe o que nos gustaría é que nos mandásedes algunha receita saúdable con froitas e verduras que coñezades, ou ainda mellor, como estamos encerrados nas nosas casas e temos moito tempo, que vos parece se nos mandades algunhas fotiños ou algún video desas receitas feitas por vós en familia e con moito cariño? ademais podemos pasalo MOI BEN facendoo. Estamos desexando velas...

Agora podedes ver un video dunha receita que fixen eu na miña casa coa axuda da miña "pinche" Aitana, PALMEIRAS DE FROITA...





viernes, 20 de marzo de 2020

CAMPO LÁSER


Ola a todos e todas. 
Hoxe enviámosvos un xogo para facer no corredor da vosa casa ou nunha habitación. A ver quen é capaz de superar o "campo láser". Xa nos contaredes!!
Deixámosvos un vídeo de como o fixemos nos.

Un bico
Manu e Silvia



jueves, 19 de marzo de 2020

A OCA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

Bo día rapaces e rapazas. Como o levades? Esperamos que o mellor posible.
Hoxe, dende o departamento de E.F do CEIP Alborada queríamos ensinarvos un xogo que atopamos pola rede. Trátase dun xogo de mesa, moi similar a outro que seguro que xa coñecedes e que seguro que xogáchedes moitas veces. Sabedes de que xogo vos falamos?..................
do xogo da Oca.

Pois o xogo que hoxe vos presentamos chámase "La Oca de la Educación Física", e é moi fácil de xogar. Só necesitamos uns dados e unhas fichas de cores, ademais do taboleiro e a folla cas actividades físicas que deberedes facer dependendo da casiña na que caiades. Un xogo superdivertido para pasalo en grande en familia, e que vos resultará moi fácil xogar pois xa todos o coñecedes.
Adxúntamos o taboleiro e a folla das actividades físicas. Agora a disfrutalo!!


Un saúdo de Silvia e Manu.


DESCARGAR



(Sacado da WEB Educación Física Competencial de Claudio Jiménez García)

miércoles, 18 de marzo de 2020

PRIMEIRA SEMANA


DENDE O DEPARTAMENTO DE E.F. DO CEIP ALBORADA

Seguindo as indicacións recibidas pola Consellaría de Educación e debido o peche dos colexios durante un período de 14 días, dende o departamento de E.F do CEIP Alborada queremos aportar ideas para poder levar a cabo durante estes días. A organización e o plan diario xa depende da cada familia pero si recomendamos establecer unhas rutinas, a través dun horario, para organizar as horas de traballo e xogo.
Como nos fai chegar a Consellaría de Sanidade, hai que evitar, na medida do posible, que os nenos e nenas saian á rúa polo que vos imos ofrecer algunhas posibilidades para facer nos vosos fogares, e así poder reducir, ó máximo posible, o sedentarismo e fomentar a actividade física.

-         Bailes e coreografías: Estas son algunhas propostas pero, como xa sabedes, hai moitas mais.

o   Baile do cadrado.

o   Just dance.




o   Baile para nenos e nenas “ The Lion Sleeps Tonight Wii Rip”



o   Dance Monkey - Tones And I - Choreography, Kids Fun Easy Dance!





-         Elaboración de material deportivo con materiais de refugallo: O que queira pode fabricar algúns destes materiais para doar ao colexio e xogar con eles, especialmente, no recreo, aínda que nas clases de educación física tamén divertirémonos con eles.

o   Indiacas:

o   Ringos

o   Pelotas de malabares

Ademais disto, xogade moito, especialmente en familia, e pasade estes dias o mellor que podades.

A través de abalar os deixamos unha conta de correo para que nos escribades se tedes algunha dúbida ou por si queredes mandarnos algo chulo que encontrastes, sempre relacionado coa educación física. Tamén podedes mandarnos fotos dos materiais que fabriquedes.


Vémonos nuns dias.
Un saudo de Manu e Silvia.

BENVIDOS E BENVIDAS


Ola a todos e todas:
Como xa sabedes e o estades vivindo dende hai uns días, estamos en cuarentena. Durante un tempo non podemos saír da casa para evitar que o virus se expanda e así poder acabar con el o antes posible. Mais non podemos quedarnos parados, debemos buscar actividades para facer na casa.
Dende o colexio, queremos acompañarvos para que o encerro sexa máís levadeiro, por iso,  iremos propoñéndovos ideas para que poidades llevar a cabo nas vosas casas, divertíndovos e manténdovos en forma o mesmo tempo.
A nosa recomendacion e que fagades algo de exercicio todos os días e se é máis dunha vez ao día, mellor, ainda que sexan bailes ou estiramentos. Se o facedes en familia, xa sería a caña!!!
Podedes facernos comentarios e, incluso, algunha suxerencia de videos ou actividades chulas que encontredes na rede, ou actividades que vos mesmos estedes a levar a cabo e queirades compartir con nós e co resto de compañeiros e compañeiras.
Unha aperta enorme a todos e moitos ánimos.
Manu e Silvia