Olaaa!!! Imos buscar un tesouro. Que necesitamos?
1.- PISTAS
Facemos as pistas que nos levarán ao noso tesouro. Nós, buscamos pergaminos para imprimir (así pusimos en google) e de todos os que apareceron imprimimos estes:
Recortámolas e
plastificámolas (ou forrámolas) para poder pintar por encima as pistas con rotu
permanente e logo poder borralas e facer outras. Nós fixemos 15 pistas, cada unha
leva a seguinte ata a última que da a pista final para encontrar o tesouro.
As nosas pistas están
relacionadas con obxectos ou rutinas que todos coñecemos na nosa casa.
2.- FACER AS TARXETAS DAS
CONSIGNAS
Facemos as tarxetas
onde poñemos as consignas. Na foto aparecen as que pensamos nós, pero podedes
inventar outras. Por unha parte decoramolas e logo plastificámolas (ou
forrámolas) para poder reutilizalas (escribimos con rotulador permanente e logo borrámolas con alcohol).
3.- MENSAXE QUE NOS
LEVARÁ A DESCUBRIR O TESOURO
Aquí gústanos moito os puzzles polo que buscamos unha imaxe e a recortamos
en forma de puzzle.
Cada vez que atopen unha tarxeta e consigan pasala proba, entregarémoslles
unha peza.
4.- PREPARAMOS O TESOURO
Cando consigan todas as pezas do puzzle, o montarán e
levaralles ao tesouro.
Ideas para o tesouro: unha chocolatina, elexir unha
película, facer un biscoito,...
5.- EMPEZAMOS
A primeira pista está á vista (no noso caso colgada da
porta da calle), o resto están escondidas pola casa.
Cada pista leva a seguinte e algunhas delas teñen unha
tarxeta cunha consigna que teñen que cumprir para conseguir unha peza do
puzzle.
Cando encontren unha tarxeta teñen que facer a proba
xunto ao organizador ou organizadora. Se a superan gañan unha peza do puzzle da
pista final. Cando teñan todos os trozos os teñen que montar e levaralles directamente ao
tesouro. Nos escribimos a última pista por detrás do puzzle:
“Si o tesouro queres descubrir, onde te sentas a comer
tes que acudir”
E debaixo da mesa atopábase o noso tesouro: facer un
rico biscoito todos e todas xuntos.
Cal foi o voso tesouro?
Pasáchedelo ben? Esperamos que si.
MOITO ÁNIMO A TODOS E A TODAS!!!