viernes, 5 de junio de 2020

O EQUILIBRIO

Bo día pequenos e pequenas, como imos?
Hoxe imos traballar un pouco o equilibrio e para iso ímosvos propor uns retos a ver quen consegue superalos todos.

- reto 1: pasar por enriba dunha corda colocada no chan sen tocar o chan. Se non tedes unha corda podedes utilizar unha cinta pegada no chan ou mesmo un pouco papel hixiénico.
- reto 2: andar polo corredor da casa cun libro na cabeza sen que nos caia. Conseguiras facelo andando por enrriba da corda?. Proba con outros obxectos máis pequenos para dificultar o reto.
- reto 3: cos ollos pechados intenta manter o equilibrio sobre unha soa perna. Lembra intentalo coas dúas. Sinxelo? Pídelle a un familiar que te desentabilice un pouquiño cuns leves empuxóns para facelo máis difícil, ou ponte enriba dun coxín para que a estabilidade sexa menor...
- reto 4: avanzar polo corredor da nosa casa de cuclillas coas mans na cabeza.
- reto 5: coloca unha torre de rolos de papel hixiénico na túa man e intenta levalos dun lado a outro do corredor. Con cantos rollos consegues andar sen que che caian? Comeza con poucos e vai aumentando pouco a pouco...

Que? Como foi? Algún resistiuse? Podes inventar algún reto novo que se che ocorra para traballar o equilibrio e mándanolo para que todos poidamos probar....

Unha aperta de Silvia e Manu!!!

1 comentario: