jueves, 30 de abril de 2020

Calendario mensual MAIO

Olaaaaa,  mirade o que fan todos os días Sara de 4º B y Andrea de 6ºB de Infantil. Dinnos que algúns exercicios ten que adaptalos xa que non son exclusivamente para rapaces e rapazas pero sírvelles para facer exercicio todos os días.
Deixámosvos o calendario de Maio por si interésavos facer algo algún dia.
Gracias chicas, pola proposta.



Que vos pareceu? Xa sabedes o noso correo para contarnos o que facedes...
O martes 5 de Maio volvemos con mais actividades e cunha nova actividade do genially, xa volo explicaremos todo ben explicadiño.

Feliz fin de semana longo.
Un bico de Manu e Silvia

Reto da tixola!!!

Olaaaaa, e aquí estamos cun novo reto. Aarón de 4º B traevos un que ten pinta de ser moi divertido e  que non necesita máis que unha tixola e unha pelota pequena.
A ver como o facedes vos...


Cantos toques conseguistedes? Xa sabedes o correo noso, non?
  efalborada@gmail.com

Unha super aperta de Manu e Silvia

COMECOCOS EN MOVEMENTO


Olaaaaa, como estades?
Hoxe traemosvos un comecocos deportivo. Éste é un exemplo, pero podedes inventarvos as accións que queirades.



Por si algúen non recorda como se fai o comecocos, aquí deixamos un video.


Mandádenos fotos, ao noso correo, do voso comecocos deportivo inventado e, se queredes, podémolo compartir neste blogue...
                                                efalborada@gmail.com
Un bico
Manu e Silvia

miércoles, 29 de abril de 2020

Dia da Danza

Olaaaa, Sabela de 4ºD quere compartir unha actividade-reto coma homenaxe ao Dia da Danza que é hoxe, 29 de Abril.
Gracias Sabela por compartir esos pasos de baile galego connosco.


Que pareceuvos? Está ben, verdade?

Un bico
Manu e Silvia

PAPEL CHALLENGE!!




Boas nenos e nenas? 
Apetécevos un novo reto? Parece que os compañeiros e compañeiras do cole estanse a animar... Como nos gusta!!!

Tócalle o turno a Ana Guerrero de 2ºA, que nos reta a este Papel Challenge...


De cantos rolos conseguides facela torre?

Mandádenos os videos ao noso correo,  e, se queredes, podémos compartir os vosos propios retos no noso blogue...
                                                efalborada@gmail.com

Ánimo que xa pronto nos vemos!!! 
Un bico de Silvia e Manu.

martes, 28 de abril de 2020

RETO BAILE

Boas nenos e nenas? 
Apetécevos un novo reto? Parece que os compañeiros e compañeiras do cole estanse a animar... Como nos gusta!!!

Tocalle o turno a Alicia Lobato de 2ºB, que nos reta a este baile...



Vai lío non si? Quen se ánima a intentalo?
Mandádenos os videos ao noso correo,  e, se queredes, podémolo compartir no noso blogue...
                                                efalborada@gmail.com

Ánimo que xa pronto nos vemos!!! 
Un bico de Silvia e Manu.

lunes, 27 de abril de 2020

RETO CLASE DE 2ºA

Ola rapaces e rapazas!!! Hoxe temos algo moi especial,
vede o video e xa me comentades...



Que vos pareceu? A clase de 2ºA do cole si que está en forma non vos parece? Ata a mestra Inés demostra que fai moito exercicio... 
Que clase se apunta ao reto? Temos que demostrar que no Alborada somos uns nenos e nenas moi deportistas... 
Ánimadevos!!!

Bicos de Silvia e Manu!!

RETO FLEX CHALLENGE!!!

Olaaaaa, temos outro reto...pero este é para xente que non ten osos. Aquí intentámolo pero non hai forma, quedámonos atorados, que desastre!!!
Quén traenos este reto? Pois NOA de 4ºC, que como vemos, ten unha flexibilidade incrible.




Mandádenos videos se o conseguides, vale?
Un bico de Manu e Silvia

jueves, 23 de abril de 2020

RETO DA ZAPATILLA

Olaaaaa, hoxe traemos un novo reto, pero esta vez ximnástico.
Mirade que o conseguiu por aquí...

Se o conseguides podedes mandarnos un vídeo.

SORTEEEEE!!!!


   

Un bico e moitos ánimos, xa falta menos...
Manu e Silvia

miércoles, 22 de abril de 2020

NOVO RETO!!!


Olaaaa a todos e a todas:
Mirade a quen temos aquí...Mateo, de 4º C, propón un novo reto futbolero. A ver quen é capaz de facelo...



Quén o conseguiu? Contádenos eh!

efalborada@gmail.com

Un bico
Manu e Silvia


martes, 21 de abril de 2020

PREPARA O TEU PROPIO WORKOUT

Ola mozos e mozas! Estades preparados para un bo entrenamento?
Hoxe vouvos a deixar unhas plantillas para que vos mesmos poidades prepararvos uns entrenamentos nas vosas casas. xa todos e todas a estas alturas coñecedes moitos exemplos de Workouts. Así que agora tócavos a vos preparar voso adestramento.
Escollede os exercicios que máis vos apeteza facer de cada grupo e ideos colocando na plantilla, cando a teñades completa xa podedes comezar o adestramento.
Recordade, podedes traballar tanto por número de repeticións como por tempo, como vos apeteza.
Cada día podedes ir cambiando de exercicios e así facer uns entrenamentos variados e divertidos, ánimo e a por eles!
Se che apetece que outros compis poidan facer o teu adestramento, envíanos o video do teu propio Workout, retándoos....

https://drive.google.com/file/d/1pp9VSnax5g7vh0cPhemeaFtgmHI8vQPJ/view?usp=sharing





lunes, 20 de abril de 2020

VAIA CAMPEÓN! RETO DOS 10 TOQUES


Boas rapaces e rapazas. Hoxe imosvos propor un novo reto, bueno mellor dito nós non, senón un autentico campeón, a ver quen o coñece...




Coñecédelo? Si!! é Yael de 2ºC, pois el reta a todos os futboleros a intentar dar o maior número de toques posibles cun rollo de papel hixiénico...
Ánimádevos!! Cantos sodes capaz de dar?
Ahhhh, nos vos olvidedes de mandarnos o resultado ó noso correo: 

efalborada@gmail.com

Unha aperta forte para todos e todas!


sábado, 18 de abril de 2020

TERCEIRO TRIMESTRE

Ola a todos e todas, como estades? Veña que cada vez estamos máis cerquiña de poder saír.
Hoxe temos unha pequena novidade que vos imos a explicar. 

Aos mestres de E.F. gustaríanos ter constancia dos nenos e nenas (especialmente de primaria) que seguen as actividades propostas polos mestres neste blogue. Para iso, faremos dúas cousas:
1.- Cada 15 dias colgaremos unhas tarefas nun genially. O único que tedes que facer e seguir os pasos para chegar ata o voso curso e facer as actividades que alí se vos piden. Estas actividades servirannos para poñer a nosa mente e o noso corpo en forma.

Cando cheguedes á unha actividade que pon:  
LUEGO HAZ EL SIGUIENTE CUESTIONARIO SIN OLVIDARTE DE PONER TU NOMBRE Y CURSO

Non olvides poñer o teu nome, o primeiro apelido e o teu curso, xa que esta é a actividade que nos chegará aos profes. Chegaranos un informe conforme fixeches o cuestionario e así poderemos telo en conta na túa calificación final, sempre, de maneira positiva, aínda que non che saia moi ben.
O enlace ao genially sería o seguinte:



Cada 15 días colgaremos outra actividade de control así que non te agobies, tes 15 dias para facer cada unha delas. Farémolo igual que esta vez, na páxina do cole e no blogue de EF.

2.- Podedes enviarnos videos ou fotos das actividades físicas que vos plantexamos cada dia neste blogue e así poder térvolas en conta, sempre de maneira positiva, nas vosas calificacións. O noso correo é: efalborada@gmail.com

Ah... unha cousiña máis, a pesar disto que vos contamos agora, recordade que no noso blogue seguiremos colgando diariamente unha entrada na que vos animaremos a facer moitas divertidas actividades para que estos días pasen máis rapidiño
Ánimo!!

MANU E SILVIA



viernes, 17 de abril de 2020

PILATES




Olaaaa!!! Hoxe os imos propoñer unha clase de pilates. 

O pilates é unha técnica de adestramento e terapia física que ten como obxectivo o fortalecemento dos músculos e o desenvolvemento do equilibrio. Deste xeito, logra traballar todas as áreas do corpo.
Ten moitos beneficios, como por exemplo:

  • Aumenta a atención.
  • Mellora a capacidade de relaxación.
  • Mellora a estabilidade do corpo.
  • Axuda a adoptar unha postura adecuada de forma natural.
  • Mellora a saúde da columna.
  • Aumenta a flexibilidade.
  • Axuda a coordinar a respiración e o movemento.

Os deixamos dous videos. Non esquezades coordinar ben a respiración, e superimportante.

Clase de pilates. Iniciación.

Os máis pequenos van necesitar algo de axuda. Neste video marca, bastante ben, como podemos axudarlles.

Pilates para infantes de 5 a 8 años



Que tal vos foi???




jueves, 16 de abril de 2020

DISPARO E ENCESTO


Ola de novo!!!
Hoxe faremos un lanzador de boliñas e intentaremos encestar nuns vasiños con números unha boliña, temos que ir sumando as puntuacións dos vasos según encestemos e a ver quen gaña.



Así nos foi a nós.




Contádenos coma vos foi a vós no noso correo:

efalborada@gmail.com





miércoles, 15 de abril de 2020

RETO DOS SOPRIDOS

Ola rapaces e rapazas, como imos? Estades a ser uns campións así que a seguir dando exemplo que xa queda menos.
Hoxe vouvos plantexar un reto, algo similar ó que Silvia vos ensinou hai uns días. Recordades os xogos dos sopridos? Pois para seguir traballando a respiración e para comprobar a potencia dos vosos pulmóns imos a facer unha pequena competición.
Quen é capaz de tirar os seus vasos antes?
Só necesitaredes uns vasos de plástico e un par de globos...

Aquí vos deixo un exemplo...




A ver que tal se vos dá...e enviádenos esos videos ó correo:

efalborada@gmail.com
Un bico de Silvia e  Manu.

martes, 14 de abril de 2020

MALABARES

Ola rapaces e rapazas, que vos parece se hoxe facemos algo de malabares?
Para iso necesitamos tres pelotas de malabares? Que non as temos?, non pasa nada, podemos facelas nós mesmos. Nunha entrada anterior do noso blogue explicaba como podíamos facelas. Aqui vos deixo de novo os enlaces...




Ben, unha vez solucionado o problema podemos comezar.

É importante seguir unha progresión para ir aprendendo pouco a pouco, superando pequenos retos para ir avanzando e non comezar con desafios moi difíciles que non seremos capaces de realizar e acabarán por cansarnos e facendo que deixemos de intentalo.
Unha boa progresión podería ser a seguinte:
- Reto 1. Lanzamentos verticais dunha soa pelota. (intentalo sempre con ambalas dúas mans).
- Reto 2. Arco simple cunha soa pelota.  E dicir, pasala primeiro por arriba da cabeza e logo por debaixo, describindo círculos.(intentalo nas dúas direccións).
- Reto 3. Arco simple cunha soa pelota. Como o anterior pero sempre pasámola pelota por arriba.
- Reto 4. Doble arco con dúas pelotas. Consiste en pasarnos dúas pelotas dunha man a outra, unha por arriba da cabeza e outra por abaixo, describindo un arco (similar ao anterior pero con 2 pelotas).
- Reto 5. Doble columna alterna. Con dúas pelotas, teremos que facer lanzamentos verticais, alternando ambalas dúas mans. 
- Reto 6. Doble columna simultánea. Igual co reto anterior pero facendo os lanzamentos verticais simultaneamente con ambalas mans.
- Reto 7. Doble arco simultáneo. Pasarnos as dúas pelotas dunha man a outra por arriba o mesmo tempo.
- Reto 8. Doble arco alterno. Igual co reto anterior pero lanzando primeiro unha pelota e xusto despois a outra.
- Reto 9. Doble columna cunha soa man. Lanzamentos verticais de dúas pelotas cunha soa man.
- Reto 10. Ciclo básico con 3 bolas. Comezamos con tres pelotas o mesmo tempo. 

No seguinte video podedes ver unha explicación de cada un deles cunha pequena demostración, para que así vos sexa máis sinxelo aprender.



Víches como o fixen? Eu non son un especialista e cóstame moito dominar os malabares, por eso sei que ti tamén podes logralo se cho propós e lle adicas un pouco de adestramento.
Recorda ir pouco a pouco superando os diferentes retos, non intentes pasar ao final sen dominar os primeiros!! 

Ánimo e non vos desesperedes!!! 
Veña gustaríanos vervos como adestrades, mandádenos os vosos videos ó seguinte correo:

efalborada@gmail.com



lunes, 13 de abril de 2020

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Pois xa estamos de volta outra vez, que tal foron esas vacacións ainda que fosen sen saír da casa? Nós pasámolas descansando, xogando e buscando moitas cousiñas para ensinarvos a partir de agora.

Ainda non sabemos como vai ser este terceiro trimestre así que, polo de agora, seguiremos colgando actividades cada día neste blogue, pero tedes que estar moi atentos, tanto aquí como á páxina do cole para estar ó día dos cambios que poida haber.

Mañá haberá unha nova entrada moi moi divertida. Non vola perdades!!!!

Un bico enorme e moitos ánimos a todos e todas.


martes, 7 de abril de 2020

CAMPO LÁSER ESPECIAL


OLAAA:
Hoxe temos un axente especial cruzando o láser coma un verdadeiro profesional. Noraboa!!! Moi bo traballo!!!


Recoñecédelo todos???? É Álvaro de 4ºC


viernes, 3 de abril de 2020

VACACIÓNS DE PRIMAVERA!!!

Felices vacacións a todos e todas!!!!

Esperamos que, aínda que non poidamos saír da casa, o pasedes moi ben esta semana de descanso e carguedes esas pilas. Disfrutade moito da vosa familia e recordade facer sempre un pouquechiño de exercicio. Tamén desexamos que todo isto remate pronto e vervos moi prontiño. Non vos imaxinades as ganas que temos de volver ó cole e xogar todos e todas xuntos!

Un bico enorme dos vosos mestres de E.F. (non ximnasia, jeje) e moitísimo ánimo para todos e todas!

O dia 14 volvemos con máis propostas!! 

Besos GIFs | Tenor

OH NA NA NA!!!

Ola rapazas e rapaces!
Como xa saberedes, este período de confinamento está a encher as redes sociais de retos que a xente nos vai propoñendo para que intentemos nas nosas casas. A min houbo un que me chamou moito a atención e que me pareceu superdivertido. Prepara esa coordinación de movementos e non acabades cos pés enrolados jajajaja....

Déixovos o video no que eu conseguín superalo con Mónica... Animádevos!!





Veña mandádenos esos retos ó noso correo, non importa ainda que non vos saia, o importante é intentalo!! 

efalborada@gmail.com



jueves, 2 de abril de 2020

SOPRAREI E SOPRAREI E O CONSEGUIREI!!

Olaaaaa, hoxe deixámosvos un video para traballar a respiración así que: imos a soprar!!!
Necesitamos unha mesa, unhas caixas non moi grandes e unha palla para soprar. Imos aló!!!



Conseguiches meter gol??? 

Ánimo a todos e a todas! Xa queda menos para vernos de novo!
Un bico
Manu e Silvia



miércoles, 1 de abril de 2020

KIDS WORKOUT 1 E BAILE

Olaaaa!!! Non vos imaxinades como vos botamos de menos!!!
Hoxe deixámosvos unha rutina de traballo un pouco durilla eh! A ver quen é capaz de facela completa sen trampas!



Kids workout 1 Beginners



E agora unhas coreografías faciliñas.


Coreografia Alejandro Vidal - Chayanne - Madre Tierra (Oye)



Zumba Kids (easy dance) - I like to move it