miércoles, 3 de junio de 2020

TRIVIAL DA EDUCACIÓN FÍSICA


Ola nenos e nenas, como estades? Hoxe ímosvos presentar un xogo de mesa adaptado a nosa materia, a Educación Física. Dende aquí dámoslle as grazas ao profesor Elías Eguibar, do cal sacamos a actividade. Seguro que todos oíchedes falar do Trivial, non si?

Como podemos xogar ao Trivial da Educación Física?

Igual que no xogo orixinal, o obxectivo será conseguir os ansiados queixiños para o cal teremos que superar diferentes probas ou misións.
O xogo consta de cartas de distintas cores con diferentes probas físicas enfocadas a traballar os diversos bloques de contidos da Educación Física. Estas son as cores:
Cartas de cor ROSA: Coordinación óculo-pédica.
Cartas de cor LARANXA: Lanzamentos e recepcións.
Cartas de cor VERDE: Equilibrio estático e dinámico.
Cartas de cor VERMELLO: Xiros, saltos e desprazamentos.
Cartas de cor AZUL: Coordinación óculo-manual.
Normas principais do xogo:
O obxectivo final do xogo e completar o portaqueixiños antes cos demais xogadores. Para eso, teredes que ir superando probas ata caer nunha das seis casiñas grandes pentagonais, onde teredes a opción de conseguir un queixiño desa cor para poder ir enchendo o voso portaqueixiño. Tede coidado pois se caedes nunha casiña pentagonal dunha cor que xa tedes o queixiño, arriscádesvos a perdelo se non completades con éxito a proba. 
En lugar dos queixiños orixinais do xogo, podemos utilizar lentellas, garbanzos, etc...
Queredes xogar unha partida? Aqui abaixo deixovos os enlaces para descargar o taboleiro, as cartas das probas ou misións e os portaqueixiños.


Descarga el tablero del Trivial EF
Descarga las tarjetas
Descarga los cartones para los jugadores del Trivial EF
A disfrutalo!!
Bicos de Silvia e Manu

2 comentarios:

  1. ¡ Hola a todos y todas !

    ¡ Qué propuesta tan original !

    Gracias por compartirla.

    Saludos de Jaume 3°C y familia.

    ResponderEliminar