viernes, 12 de junio de 2020

BÚSQUEDA DO TESOURO

Olaaa!!! Imos buscar un tesouro. Que necesitamos?





1.- PISTAS
Facemos as pistas  que nos levarán ao noso tesouro. Nós, buscamos pergaminos para imprimir (así pusimos en google) e de todos os que apareceron imprimimos estes:



Recortámolas e plastificámolas (ou forrámolas) para poder pintar por encima as pistas con rotu permanente e logo poder borralas e facer outras. Nós fixemos 15 pistas, cada unha leva a seguinte ata a última que da a pista final para encontrar o tesouro.
As nosas pistas están relacionadas con obxectos ou rutinas que todos coñecemos na nosa casa.




2.- FACER AS TARXETAS DAS CONSIGNAS

Facemos as tarxetas onde poñemos as consignas. Na foto aparecen as que pensamos nós, pero podedes inventar outras. Por unha parte decoramolas e logo plastificámolas (ou forrámolas) para poder reutilizalas (escribimos con rotulador permanente e logo  borrámolas con alcohol).
       
                   






3.- MENSAXE QUE NOS LEVARÁ A DESCUBRIR O TESOURO

Aquí gústanos moito os puzzles polo que buscamos unha imaxe e a recortamos en forma de puzzle.

Cada vez que atopen unha tarxeta e consigan pasala proba, entregarémoslles unha peza.






4.- PREPARAMOS O TESOURO

Cando consigan todas as pezas do puzzle, o montarán e levaralles ao tesouro.

Ideas para o tesouro: unha chocolatina, elexir unha película, facer un biscoito,...



5.- EMPEZAMOS

A primeira pista está á vista (no noso caso colgada da porta da calle), o resto están escondidas pola casa.
Cada pista leva a seguinte e algunhas delas teñen unha tarxeta cunha consigna que teñen que cumprir para conseguir unha peza do puzzle.
Cando encontren unha tarxeta teñen que facer a proba xunto ao organizador ou organizadora. Se a superan gañan unha peza do puzzle da pista final. Cando teñan todos os trozos os  teñen que montar e levaralles directamente ao tesouro. Nos escribimos a última pista por detrás do puzzle:

“Si o tesouro queres descubrir, onde te sentas a comer tes que acudir”

E debaixo da mesa atopábase o noso tesouro: facer un rico biscoito todos e todas xuntos.

Cal foi o voso tesouro?

Pasáchedelo ben? Esperamos que si.

MOITO ÁNIMO A TODOS E A TODAS!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario