miércoles, 18 de marzo de 2020

BENVIDOS E BENVIDAS


Ola a todos e todas:
Como xa sabedes e o estades vivindo dende hai uns días, estamos en cuarentena. Durante un tempo non podemos saír da casa para evitar que o virus se expanda e así poder acabar con el o antes posible. Mais non podemos quedarnos parados, debemos buscar actividades para facer na casa.
Dende o colexio, queremos acompañarvos para que o encerro sexa máís levadeiro, por iso,  iremos propoñéndovos ideas para que poidades llevar a cabo nas vosas casas, divertíndovos e manténdovos en forma o mesmo tempo.
A nosa recomendacion e que fagades algo de exercicio todos os días e se é máis dunha vez ao día, mellor, ainda que sexan bailes ou estiramentos. Se o facedes en familia, xa sería a caña!!!
Podedes facernos comentarios e, incluso, algunha suxerencia de videos ou actividades chulas que encontredes na rede, ou actividades que vos mesmos estedes a levar a cabo e queirades compartir con nós e co resto de compañeiros e compañeiras.
Unha aperta enorme a todos e moitos ánimos.
Manu e Silvia

3 comentarios:

  1. Podéis recomendar bailes o actividades

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, tes varios bailes e actividades nas seguintes entradas a ista. Os próximos dias seguiremos propoñendo máis cousas.
      Un saudo e ánimo!

      Eliminar
  2. Bos días,
    Moitas grazas polas vosas propostas! Así faremos!

    ResponderEliminar