martes, 5 de mayo de 2020

TAREFAS 5 MAIO-18 MAIO




Ola a todos e todas: 
Para estas dúas semanas traemosvos un novo genially sobre a saúde “CUIDAMOS NUESTRO CUERPO”




Ao igual que no anterior, tedes que entrar no voso curso e seguir os pasos:


1º.- Ver cada un dos bloques: HÁBITOS DIARIOS, ACTIVIDAD FÍSICA e ALIMENTACIÓN E HIDRATACIÓN. No de actividade física tedes propostas para movervos e facer exercicio.

2º.- Xogade a “SANO O INSANO”. Neste xogo averiguarás una clave de 4 números que necesitarás para completar o xogo. Anota ben eses números.


En Infantil non aparece este xogo nin o formulario, xa que parécenos complicado para nenos e nenas tan pequenas, pero si queredes facelo igual (tanto o xogo coma o formulario) entrade en calquera curso de primaria. 

3º.-  Cubride o formulario. Unha das preguntas é escribir a clave do xogo anterior así que debedes tela a man. Este formulario é o que nos chegará aos profes e co que vemos o que traballades.


4º.- Con ísto é suficiente para nós e chéganos para comprobar que traballades e seguides a asignatuta. Confiamos en que facedes actividade física todos os días porque, como sabedes, é bo para vós. Se queredes enviarnos, ao noso correo, o que facedes,  tamén podedes facelo: 


MOITOS ÁNIMOS PARA TODOS E TODAS, XA QUEDA MENOS…
MANU E SILVIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario