lunes, 25 de mayo de 2020

OLIMPIADAS CEIP ALBORADA

Ola chicos e chicas como estamos? Moito ánimo que xa queda menos.
Aproveitando que estades aprendendo bastantes cousiñas sobre os Xogos Olímpicos, estivemos dándolle voltas a unha cousiña na nosa cabeza e necesitamos a vosa axuda.

Como xa sabedes debido a todo isto do maldito coronavirus, este verán suspenderon moitas das actividades deportivas que había programadas, entre elas os "XOGOS OLÍMPICOS", que se ían celebrar en Tokio, no Xapón.
E a nós que nos encantaban pois dixemos, porque non montamos os nosos propios Xogos? 
Sabemos que sodes uns aunténticos deportistas e polo tanto capaces de axudarnos. Así que propoñémosvos o seguinte xogo/reto:

1- ESCOLLE UN DEPORTE OLÍMPICO (se queres pide axuda a un adulto/a) OU UN DEPORTISTA OLÍMPICO FAMOSO.

2- DISFRÁZATE E RECREA UNHA SITUACIÓN DE XOGO.
Disfrázate acorde ó deporte ou deportista escollido (bótalle imaxinación) e recrea unha situación real de xogo do deporte que escolleras (por exemplo: unha chegada a meta nunha carreira de atletismo, un lanzamento a canasta, etc...).

3- SÁCATE UNHA FOTO OU UN VIDEO E MÁNDANOLO Ó CORREO. Entre todos os que recibamos montaremos as nosas propias OLIMPIADAS VIRTUAIS. 
Ánimádevos cantos máis recibamos máis chulo quedará.
Mandádenos os videos ao noso correo,
  efalborada@gmail.com

Tedes de prazo ata o DOMINGO 7 DE XUÑO.

Un bico de Silvia e Manu.


No hay comentarios:

Publicar un comentario