miércoles, 6 de mayo de 2020

ACROSPORT

Bo día rapaces e rapazas! Hoxe imos facer un pouquiño de ACROSPORT.
Como? Recordades o que é?
Pois é un deporte acrobático-coreográfico, xa que nos seus exercicios intégranse tres elementos fundamentais:
- Formación de figuras ou pirámides corporales
- Habilidades ximnásticas de chan como elementos de enlace entre unha figura e outra

- Música que apoia ao compoñente coreográfico de combinación dos elementos anteriores.
Podemos tamén definilo como un deporte de cooperación, donde existe a presencia de compañeiros que sincronizan as súas accións motrices nun espacio estable para conseguir a realización de figuras ou pirámides humanas.

O ACROSPORT practícase por parellas, por tríos ou cuartetos, máis nos imos centrarnos en figuras individuais ou como moito de dúas ou tres persoas debido a situación que estamos a pasar nas nosas casas.


Collede unhas esterillas ou algo acolchado e a practicar algunhas figuriñas....pero ollo!!! con moito coidadiño de non facervos dano...


https://issuu.com/educacionfisicaenprimaria/docs/figuras_acrosport


Xa contarédes que tal vos foi...

No hay comentarios:

Publicar un comentario