lunes, 18 de mayo de 2020

TAREFAS 18-31 MAIO

Ola a todos e todas: 
Para estas dúas semanas traémosvos un novo genially: “JUEGOS OLÍMPICOS”



Ao igual que nos anteriores, tedes que entrar no voso curso e seguir os pasos: 
1º.- Ver cada un dos bloques: HISTORIA, ACTUALIDAD, SÍMBOLOS OLÍMPICOS, OLIMPIADAS TOKIO 2020 e JUEGOS DESESCALADA. Neste último (JUEGOS DESESCALADA) tedes propostas para movervos e facer exercicio.
En INFANTIL, a única parte que cambia é o bloque de JUEGOS DE DESESCALADA, xa que as actividades adaptámolas a súa idade. O resto é igual ao de primaria aínda que pode haber cousas un pouco espesas para eles.
2º.-  Cubride o formulario (PRIMARIA). Este formulario é o que nos chegará aos profes e co que vemos o que traballades.
En Infantil non aparece o formulario, xa que parécenos complicado para nenos e nenas tan pequenas, pero si queredes facelo igual, entrade en calquera curso de primaria.
3º.- Con isto é suficiente para nós e chéganos para comprobar que traballades e seguides a asignatura.

Confiamos en que facedes actividade física todos os días porque, como sabedes, é bo para vós. Se queredes enviarnos, ao noso correo, o que facedes, tamén podedes facelo: 


Recordámosvos que no blogue de educación física del cole  https://efalborada19.blogspot.com/  todos os días tedes novas actividades para facer na casa, algunhas delas propostas por compañeiros e compañeiras vosas.


MOITOS ÁNIMOS PARA TODOS E TODAS, XA QUEDA MENOS…

MANU E SILVIA

2 comentarios: