sábado, 18 de abril de 2020

TERCEIRO TRIMESTRE

Ola a todos e todas, como estades? Veña que cada vez estamos máis cerquiña de poder saír.
Hoxe temos unha pequena novidade que vos imos a explicar. 

Aos mestres de E.F. gustaríanos ter constancia dos nenos e nenas (especialmente de primaria) que seguen as actividades propostas polos mestres neste blogue. Para iso, faremos dúas cousas:
1.- Cada 15 dias colgaremos unhas tarefas nun genially. O único que tedes que facer e seguir os pasos para chegar ata o voso curso e facer as actividades que alí se vos piden. Estas actividades servirannos para poñer a nosa mente e o noso corpo en forma.

Cando cheguedes á unha actividade que pon:  
LUEGO HAZ EL SIGUIENTE CUESTIONARIO SIN OLVIDARTE DE PONER TU NOMBRE Y CURSO

Non olvides poñer o teu nome, o primeiro apelido e o teu curso, xa que esta é a actividade que nos chegará aos profes. Chegaranos un informe conforme fixeches o cuestionario e así poderemos telo en conta na túa calificación final, sempre, de maneira positiva, aínda que non che saia moi ben.
O enlace ao genially sería o seguinte:



Cada 15 días colgaremos outra actividade de control así que non te agobies, tes 15 dias para facer cada unha delas. Farémolo igual que esta vez, na páxina do cole e no blogue de EF.

2.- Podedes enviarnos videos ou fotos das actividades físicas que vos plantexamos cada dia neste blogue e así poder térvolas en conta, sempre de maneira positiva, nas vosas calificacións. O noso correo é: efalborada@gmail.com

Ah... unha cousiña máis, a pesar disto que vos contamos agora, recordade que no noso blogue seguiremos colgando diariamente unha entrada na que vos animaremos a facer moitas divertidas actividades para que estos días pasen máis rapidiño
Ánimo!!

MANU E SILVIA



No hay comentarios:

Publicar un comentario