lunes, 13 de abril de 2020

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Pois xa estamos de volta outra vez, que tal foron esas vacacións ainda que fosen sen saír da casa? Nós pasámolas descansando, xogando e buscando moitas cousiñas para ensinarvos a partir de agora.

Ainda non sabemos como vai ser este terceiro trimestre así que, polo de agora, seguiremos colgando actividades cada día neste blogue, pero tedes que estar moi atentos, tanto aquí como á páxina do cole para estar ó día dos cambios que poida haber.

Mañá haberá unha nova entrada moi moi divertida. Non vola perdades!!!!

Un bico enorme e moitos ánimos a todos e todas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario