martes, 14 de abril de 2020

MALABARES

Ola rapaces e rapazas, que vos parece se hoxe facemos algo de malabares?
Para iso necesitamos tres pelotas de malabares? Que non as temos?, non pasa nada, podemos facelas nós mesmos. Nunha entrada anterior do noso blogue explicaba como podíamos facelas. Aqui vos deixo de novo os enlaces...




Ben, unha vez solucionado o problema podemos comezar.

É importante seguir unha progresión para ir aprendendo pouco a pouco, superando pequenos retos para ir avanzando e non comezar con desafios moi difíciles que non seremos capaces de realizar e acabarán por cansarnos e facendo que deixemos de intentalo.
Unha boa progresión podería ser a seguinte:
- Reto 1. Lanzamentos verticais dunha soa pelota. (intentalo sempre con ambalas dúas mans).
- Reto 2. Arco simple cunha soa pelota.  E dicir, pasala primeiro por arriba da cabeza e logo por debaixo, describindo círculos.(intentalo nas dúas direccións).
- Reto 3. Arco simple cunha soa pelota. Como o anterior pero sempre pasámola pelota por arriba.
- Reto 4. Doble arco con dúas pelotas. Consiste en pasarnos dúas pelotas dunha man a outra, unha por arriba da cabeza e outra por abaixo, describindo un arco (similar ao anterior pero con 2 pelotas).
- Reto 5. Doble columna alterna. Con dúas pelotas, teremos que facer lanzamentos verticais, alternando ambalas dúas mans. 
- Reto 6. Doble columna simultánea. Igual co reto anterior pero facendo os lanzamentos verticais simultaneamente con ambalas mans.
- Reto 7. Doble arco simultáneo. Pasarnos as dúas pelotas dunha man a outra por arriba o mesmo tempo.
- Reto 8. Doble arco alterno. Igual co reto anterior pero lanzando primeiro unha pelota e xusto despois a outra.
- Reto 9. Doble columna cunha soa man. Lanzamentos verticais de dúas pelotas cunha soa man.
- Reto 10. Ciclo básico con 3 bolas. Comezamos con tres pelotas o mesmo tempo. 

No seguinte video podedes ver unha explicación de cada un deles cunha pequena demostración, para que así vos sexa máis sinxelo aprender.



Víches como o fixen? Eu non son un especialista e cóstame moito dominar os malabares, por eso sei que ti tamén podes logralo se cho propós e lle adicas un pouco de adestramento.
Recorda ir pouco a pouco superando os diferentes retos, non intentes pasar ao final sen dominar os primeiros!! 

Ánimo e non vos desesperedes!!! 
Veña gustaríanos vervos como adestrades, mandádenos os vosos videos ó seguinte correo:

efalborada@gmail.com



No hay comentarios:

Publicar un comentario