miércoles, 15 de abril de 2020

RETO DOS SOPRIDOS

Ola rapaces e rapazas, como imos? Estades a ser uns campións así que a seguir dando exemplo que xa queda menos.
Hoxe vouvos plantexar un reto, algo similar ó que Silvia vos ensinou hai uns días. Recordades os xogos dos sopridos? Pois para seguir traballando a respiración e para comprobar a potencia dos vosos pulmóns imos a facer unha pequena competición.
Quen é capaz de tirar os seus vasos antes?
Só necesitaredes uns vasos de plástico e un par de globos...

Aquí vos deixo un exemplo...




A ver que tal se vos dá...e enviádenos esos videos ó correo:

efalborada@gmail.com
Un bico de Silvia e  Manu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario